viernes, 1 de abril de 2011

O RAPACIÑO E O PENCAS NA BUCETA. "GALEGO. Á BEIRA DO MAR"

Daniel do Rego Martinez e Alejandro Mouriz Gorgozo, do CEIP de Pazos, recrean unha escea das que nos describe Xoán Farias en "Galego. Á beira do mar", homenaxeando a relación entre avós e netos, entre o Rapaciño e o Pencas, adicado a Xoán Farias, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2011.

jueves, 24 de marzo de 2011

AS BUCETAS DE "GALEGO. Á BEIRA DO MAR"

Os nenos e nenas do CEIP de Pazos, coa axuda das súas familias, recrearon a portada de "Galego. Á beira do mar", de Xoán Farias, en tres dimensións, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2011
Música de Mamá Cabra. Música "Nadando Sen Parar" de Mamá Cabra (Google Play • iTunes)

IMPRESIÓNS SOBRE "GALEGO. Á BEIRA DO MAR"

Os rapaces e rapazas do 2º e 3º ciclo de Primaria do CEIP de Pazos cóntannos as súas impresións sobre o libro "Galego. Á beira do mar", escrito por Xoán Farias e ilustrado por Xosé Cobas, da Editorial Kalandraka, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2011.

lunes, 21 de marzo de 2011

ELES CONTAN: "GALEGO. Á BEIRA DO MAR"

Paula Cobo, Lucía Huergo, David Medín e Laura Sanjurjo contan aos pequenos do cole de Pazos o conto "Galego. Á beira do mar", de Xoán Farias, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2011.

AO RAPACIÑO, de "GALEGO. Á BEIRA DO MAR".

Os nenos e nenas do CEIP de Pazos, Ferrol, pescan xurelos e sardiñas, rendéndolle homenaxe ao "Rapaciño" de Galego. Á beira do mar", escrito por Xoán Farias e ilustrado por Xosé Cobas, da Editorial Kalandraka, do gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2011.

martes, 26 de octubre de 2010

HOMENAXE A XOÁN FARIAS. CAMBIAMOS DE NOME.

A Biblioteca do CEIP de Pazos toma o nome do escritor de Literatura Infantil e Xuvenil Juan Farias, nado en Serantes, coincidindo coa data de celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Emotiva homenaxe da man dos seus amigos Paco Martín, Xavier Senín e Xabier P. DoCampo, que quixeron compartir con nós este día.

A MACEIRA DE XOÁN FARIAS

Para celebrar o cambio de nome da Biblioteca do CEIP de Pazos polo de "Biblioteca Xoán Farias" plantouse unha maceira no patio do noso Centro que leva o nome do galardonado escritor ferrolán de Literatura Infantil e Xuvenil, nado en Serantes, localidade na que está ubicado o noso colexio.

XOÁN FARIAS

Audiovisual elaborado no CEIP de Pazos con motivo do Día do Libro e o Ano da Lectura en Galicia para homenaxear ao galardonado escritor ferrolán de Literatura Infantil e Xuvenil Juan Farias, nado en Serantes, localidade na que está ubicado o noso Centro.

domingo, 9 de mayo de 2010

TI ES DOS MEUS

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos do CEIP de Pazos cantan " Ti es dos meus" para compartir con todo o mundo esta fermosa canción no Día das Letras Galegas.