martes, 26 de octubre de 2010

HOMENAXE A XOÁN FARIAS. CAMBIAMOS DE NOME.

A Biblioteca do CEIP de Pazos toma o nome do escritor de Literatura Infantil e Xuvenil Juan Farias, nado en Serantes, coincidindo coa data de celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Emotiva homenaxe da man dos seus amigos Paco Martín, Xavier Senín e Xabier P. DoCampo, que quixeron compartir con nós este día.

A MACEIRA DE XOÁN FARIAS

Para celebrar o cambio de nome da Biblioteca do CEIP de Pazos polo de "Biblioteca Xoán Farias" plantouse unha maceira no patio do noso Centro que leva o nome do galardonado escritor ferrolán de Literatura Infantil e Xuvenil, nado en Serantes, localidade na que está ubicado o noso colexio.

XOÁN FARIAS

Audiovisual elaborado no CEIP de Pazos con motivo do Día do Libro e o Ano da Lectura en Galicia para homenaxear ao galardonado escritor ferrolán de Literatura Infantil e Xuvenil Juan Farias, nado en Serantes, localidade na que está ubicado o noso Centro.